Xornada: ARQUEOLOXÍA EN ÁREAS DE MONTAÑA (27 Marzo, Santiago de Compsotela)

20/3/19 .- http://consellodacultura.gal

Arqueoloxía en áreas de montaña: últimos desenvolvementos e retos de futuro na Península Ibérica
Xornada. Mércores, 27 de marzo de 2019

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Presentación

A Arqueoloxía en áreas de montaña constitúe un ámbito de investigación consolidado en grandes cadeas montañosas europeas como os Alpes. Este xénero de estudos vive un auxe notable desde a última década do século pasado, que podería conectarse coa crecente interdisciplinariedade da práctica arqueolóxica. A interrelación entre a Arqueoloxía e os estudos paleoambientais, xunto ao vigor de estratexias teórico-metodolóxicas
como a Arqueoloxía da Paisaxe, a Bioarqueoloxía ou os estudos etnoarqueolóxicos sostiveron tal desenvolvemento. Sen embargo, esta liña de investigación viviu un despegue máis lento e tardío na Península Ibérica, con algúns proxectos pioneiros iniciados na primeira década do presente século, fundamentalmente circunscritos ao Pirineo catalán. Puntualmente, desenvolvéronse investigacións noutras zonas montañosas, aínda que permanecían desconectadas dos debates de amplo alcance que, ano tras ano, gañaban visibilidade en reunións periódicas como as organizadas pola European Association of Archaeologists (EAA) ou a Union Internationale des Sciences Préhistoriques et Protohistoriques (UISPP), ademáis de en congresos como o Landscape Archaeology Conference (LAC) ou o Computer Applications and Quantitative Methods in Archaeology (CAA).

Por fortuna, o dinamismo da Arqueoloxía en áreas de montaña da Península Ibérica creceu de maneira sensible nos últimos anos, sumándose novos proxectos e equipos investigadores. A pesar delo, carecemos de redes que contribúan ao debate, ou o establecemento conxunto de prioridades de investigación neste ámbito. Con este obxectivo, o workshop «Arqueoloxía en áreas de montaña: últimos desenvolvementos e retos de futuro na Península Ibérica» reúne en Santiago de Compostela unha selección dos diversos grupos de investigación que actualmente conducen investigacións arqueolóxicas en zonas de montaña da península ibérica. Ademais de dar a coñecer os últimos avances e fortalecer as relacións entre os equipos
participantes, o encontro constitúe unha boa oportunidade para contrastar as especificidades e converxencias dos diversos casos de estudo, poñer en común e discutir os métodos e enfoques teóricos despregados polos diferentes proxectos, e debater quizá algúns dos retos de futuro que poidan ser afrontados a partir do establecemento de sinerxías e esforzos compartidos. Para elo, contamos cun elenco de especialistas ligados con períodos cronolóxicos diversos, que cobren ademais un espectro xeográfico amplo de todo o solar ibérico.

Este workshop ten lugar no marco do Proxecto Posdoutoral «Unha lectura cultural dos procesos de antropización das montañas do Noroeste ibérico durante a Prehistoria recente», financiado a través dunha Axuda de apoio á etapa de formación posdoutoral nos organismos públicos de investigación de Galicia (Ref. IN606B-2016/007) outorgada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. O proxecto execútase desde o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, e supuxo o inicio das investigacións arqueolóxicas nos pasteiros alpinos e subalpinos da Cordilleira Cantábrica na comarca de Babia (León). O equipo, coordinado por David González Álvarez, ofrece neste encontro os primeiros resultados dos seus traballos, que serán contextualizados no marco xeral do debate que articulará o workshop.

Os equipos participantes no workshop exporán os avances recentes dos diferentes casos estudados a través de relatorios de 30 minutos, incluíndo tempo para preguntas directas desde o público. Seguirán espazos de debate arredor dos relatorios ao termo de cada un dos dous bloques que artellan o encontro. Por último, unha mesa de debate servirá de colofón para establecer un debate más amplo no que se exploren temas transversais que poidan reforzar a vocación interdisciplinar da Arqueoloxía en áreas de montaña desenvolvida na Península Ibérica.

Esta xornada, organizada polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

Máis información e inscrición nos contactos dos organizadores:
Tel. 981590962 (ext. 308)
e-mail: uplandarchaeology@gmail.comprodaja stanova
pik
smrtovnice avaz
blumen
horoskop
kalkulator online
knjige
cvijece

Noticias relacionadas

Comenta la noticia desde Facebook

Comentarios

No hay comentarios.

Para escribir un comentario es necesario entrar (si ya es usuario registrado) o registrarse