Cultura inviste 180 mil euros na recuperación do Castelo de Ribadavia

27/12/08 .- http://www.elcorreogallego.es

Intervirase no tramo da muralla na rúa Tomás de Lemos, onde se realizan traballos de escavación

A Consellería de Cultura e Deporte investirá 180.000 euros nunha nova actuación para recuperar e poñer en valor o Castelo dos Sarmiento en Ribadavia. Intervirase no tramo da muralla na rúa Tomás de Lemos, onde se realizarán traballos de escavación, recuperación estrutural e iluminación da muralla.

O Consello da Xunta aprobará o 30 de decembro o convenio entre a Consellaría de Cultura e o Concello de Ribadavia que permitirá a realización desta actuación no ano 2009. A intervención centrarase en varios aspectos, como a escavación do xardín da rúa Tomás de Lemos, con impermeabilización e drenaxe; ou a recuperación da estrutura do baluarte descuberto na fase anterior das obras. A actuación inclúe tamén a desmontaxe parcial e apeo de muros de construcións veciñas con risco de derrubamento. Por último, realizaranse traballos para a instalación da iluminación do lenzo da muralla.

Fortaleza medieval

O Castelo de Ribadavia é unha fortaleza medieval edificada no século XV e da que hoxe só quedan a muralla, que vai paralela ó río Avia, e os torreóns que flanquean tres portas: a Porta da Cerca, a Porta Nova e a Porta Falsa. A porta da Cerca é pola que se accede ao castelo. Está formada por un arco de medio punto e conta con dous brasóns. No interior, hai restos dunha necrópole altomedieval, cadaleitos antropoides da antiga capela de San Xes e restos da cheminea onde estivo o escudo dos Sarmiento, señores de Ribadavia que serviron aos Reis Católicos.

Noticias relacionadas

Comenta la noticia desde Facebook

Comentarios

No hay comentarios.