Historia as achegas que as diferentes ordes relixiosas realizaron ao patrimonio cultural

13/12/14 .- http://xornal.usc.es/

Estudan en Historia as achegas que as diferentes ordes relixiosas realizaron ao patrimonio cultural

O VII Simposium Opus Monasticorum desenvólvese do 15 ao 17 de decembro


Ao longo da historia, desde as súas primeiras manifestacións ata o momento actual, as diferentes ordes relixiosas foron definindo un espazo cultural singular e único, pero tamén homoxéneo e coherente, dentro da xeografía patrimonial iberoamericana. Por esa razón, o Grupo de Investigación Iacobus da USC dedica a sétima edición do seu Simposium Opus Monasticorum ás achegas que as diferentes ordes relixiosas realizaron ao patrimonio cultural, indistintamente que estas sexan desde o punto de vista artístico, histórico, literario, musical, filosófico ou teolóxico.

O congreso, que se desenvolverá en Xeografía e Historia do 15 ao 17 de decembro coa participación de preto de cen asistentes, proponse como un punto de encontro e reflexión para diferentes especialistas que podan ofrecer unha nova mirada a este rico universo cultural creado en torno a ordes como os beneditinos, bernardos, franciscanos, dominicos ou xesuítas.

O Opus Monasticorum VIII ‘Universos en orde. As ordes relixiosas e o patrimonio cultural iberoamericano’ inaugurarase o luns 15 ás 9.30 horas nun acto que presidirá o reitor Juan Viaño e ao que lle seguirá unha conferencia de José Manuel García Iglesias.
Nas tres xornadas do simposio estudaranse a Regla de San Benito e de San Bernardo – unha das pezas claves para a interpretación do monacato na Península–; as dúas ordes mendicantes –f ranciscanos e dominicos- así como todas aquelas que derivan destas; a Compañía de Xesús e a súa íntima vinculación coa Contrarreforma, o seu carácter militante, a ampla difusión que tiveron os escritos de moitos dos seus membros e a súa influencia cultural e política; e outras ordes como os agustinos, xerónimos, ou cartuxos.

Noticias relacionadas

Comenta la noticia desde Facebook

Comentarios

No hay comentarios.

Para escribir un comentario es necesario entrar (si ya es usuario registrado) o registrarse